loader image

Regreso ao futuro do sector lácteo

Innovación e territorio

O sector lácteo galego á vangarda: Lazteo

A industria láctea galega colabora para remitir os efectos do cambio climático en Galicia e avanzar coa dixitalización. Así nace Lazteo, un proxecto conxunto que se estrutura arredor de dúas áreas de actuación fundamentais dentro do sector lácteo: o desenvolvemento de prácticas sostibles e a implementación de tecnoloxías punteiras.

Prácticas agro-gandeiras sostibles

Para garantir unha industria láctea nunha Galicia sustentable, faranse diferentes investigacións a fin de aproveitar materia prima local e buscar alternativas cun menor impacto no medio ambiente en consonancia co territorio galego e mellorando a biodiversidade.

Aditivos antimetanoxénicos

a partir de macroalgas e residuos forestais

Investigación de proteínas alternativas

para evitar a soia importada

Agricultura rexenerativa

pare reducir emisións de N2o

Tecnoloxías de smart farming

As industrias lácteas de Galicia camiñan á par das innovacións tecnolóxicas para optimizar a actividade e mellorar a xestión dos recursos, aportando unha maior eficiencia ao sector lácteo galego.

Drons e sensores IoT (Internet of Things)
para monitorizar en tempo real a saúde dos cultivos e dos solos
Xemelgos dixitais
que analicen e optimicen os datos das explotacións agro-gandeiras
Colares intelixentes
para xestionar os pastos extensivos a través dun valado virtual.
Integración de IA Cloud Computing e Machine Learning
para procesar datos que melloren a toma de decisións.

Mitigar o impacto do sector primario e adaptalo ao cambio climático en Galicia

O obxectivo é reducir o impacto climático da industria nun 10% para 2030. A circularidade e a simbiose entre actuacións será clave para poder acadar unha re-xeración dos ecosistemas galegos.

Liderado por:

Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña SCG (Bico de Xeado)

Participan:

Colaboran: