- A plataforma Food For Life-Spain celebrou nas instalacións de Clusaga unha reunión para afondar na innovación e sostibilidade da industria láctea a nivel estatal.
- A iniciativa LAZTEO aposta pola dixitalización e o uso da biotecnoloxía como eixo de transformación para un sector lácteo máis eficiente e respectuoso co medio.
- Reducir nun 10% o impacto ambiental da produción láctea en Galicia é o principal obxectivo deste proxecto pioneiro cara á sostibilidade do sector.
Entre os proxectos expostos, LAZTEO presentouse como unha novidade no eido da aplicación da biotecnoloxía e das teconloxías dixitais avanzadas de cara unha transformación efectiva do sector lácteo en Galicia. Esta iniciativa ten como obxectivo mellorar a sostibilidade desta industria reducindo o impacto a ambiental da mesma á vez que favorece a dixitalización e o crecemento económico das empresas que a conforman.
Así, LAZTEO combina o desenvolvemento do smartfarming en Galicia, aplicando o Internet of Things, a Intelixencia Artificial e o uso de drons, coa redución do impacto ambiental, desenrolando aditivos antimetatoxénicos, proteínas alternativas e optimizando a enerxía utilizada nos procesos.
Durante o encontro, o Xestor de Desenvolvemento de Negocio e I+D+i de Clusaga, Xosé Ramón Vázquez, destacou “o gran traballo e a vontade das empresas, socios e colaboradores da industria láctea na participación neste proxecto” subliñando que “é unha iniciativa complexa pero a inmensa labor en equipo está xerando un valor compartido: os avances deste proxecto son un premio para o ecosistema industrial da industria láctea en Galicia”.
O proxecto LAZTEO está liderado pola empresa Bico de Xeado, referencia do sector lácteo galego, e conta coa participación activa de diversas entidades, asociacións e empresas da cadea de valor: Porto-Muiños S.L., Innogando S.L., Elmega S.L., Alfaprogal (Alternative Fats and Proteins of Galicia S.L.U.), Cartogalicia S.L., Medrar Smart Solutions, AGACA, CIAM, Universidad de Santiago de Compostela (USC) ou Clusaga, entre outros.


