Industria láctea galega máis sostible
Lazteo será un proxecto que abarcará os anos comprendidos entre o 2024 e o 2027 e que se centrará en desenvolver prácticas agrogandeiras sostibles sen perder a competitividade nin comprometer a produción do sector lácteo. Un proxecto pioneiro que procura integrar tecnoloxía avanzada e alternativas innovadoras para reducir a pegada ambiental e optimizar os recursos. Así, a tecnoloxía pónse ao servizo da sostibilidade, coa finalidade de reducir emisións, mellorar a dixitalización e optimizar o uso de recursos naturais no ámbito lácteo galego.
Unha iniciativa con visión de futuro que non sería posible sen a colaboración de grandes empresas do sector lácteo en Galicia (como Bico de Xeado) en consonancia con outras adicadas ao desenvolvemento tecnolóxico (como Innogando ou Portomuiños) xunto con entidades como o Medrar Smart Solutions, o Clúster Alimentario de Galicia ou a Universidade de Santiago de Compostela.
Dous grandes piares de acción:

Desenvolver prácticas agrogandeiras sostibles para reducir emisións e mellorar a xestión dos recursos
Deste xeito utilizaranse materias primas locais para crear aditivos antimetanoxénicos, proteínas alternativas e aplicarase a agricultura rexenerativa para mellorar a biodiversidade adaptándose ás necesidades do solo galego. Todo para aliviar a pegada de carbono que produce a produción e importación de certos recursos.

Aplicación de tecnoloxías smart-farming para mellorar a toma de decisións e optimizar os recursos
Así, non será raro que no futuro do agro galego vexamos drons monitorizando a saúde dos cultivos e do gando, colares intelixentes para os animais que permitan crear un sistema de valado virtual, ou o uso da intelixencia artificial para procesar os datos das explotacións.
Un sistema empresarial colaborativo para o avance do sector lácteo galego
Liderado por:
Participantes clave:
Colaboradores:
Cara unha industria láctea máis eficiente e sostible
O obxectivo principal de Lazteo é reducir un 10% a pegada de carbono, hídrica e ecolóxica do sector lácteo galego para 2030, provocando un impacto positivo na biodiversidade e nos solos agrarios de Galicia. Un obxectivo que se pretenderá lograr fusionando a teconoloxía avanzada e a optimización de recursos agrarios e gandeiros, convertendo Lazteo nunha iniciativa estratéxica de vangarda no desenvolvemento do sector agro-gandeiro galego.
