Que son os aditivos antimetanoxénicos?
A inclusión de algas na alimentación do gando productor de leite galego non só axudaría a reducir as emisión de metano, senón que tamén melloraría a eficiencia dixestiva e a saúde dos animais. Por outra banda, aproveitar os recursos mariños dispoñibles en Galicia fomentaría a economía circular e o desenvolvemento de novas oportunidades na acuicultura.
Lazteo, o proxecto de innovación láctea en Galicia
Entre os participantes deste proxecto atópase Porto-Muiños S.L., empresa galega especializada na produción e comercialización de algas e que tamén é pioneira na investigación destas plantas mariñas. O seu papel en Lazteo consiste en estudar e desenvolver estratexias para integrar algas antimetanoxénicas na alimentación do gando, contribuíndo á sostibilidade do sector.

Así, Porto-Muiños S.L., en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), avanza na creación de aditivos alimentarios basados en algas, tales como a Asparagopsis armata, para intentar reducir ata un 30% as emisións de metano entérico na gando vacún. A través da extracción de fraccións ricas en compostos haloxenados, como o bromoformo, capaces de inhibir a actividade enzimática das arqueas metanoxénicas no rume bloqueando a síntesis de CH₄ sen afectar á dixestión. Alén diso, os demais compostos da alga poderían aportar beneficios nutricionais ao animal, que se estudarán no marco do proxecto Lazteo.
É fundamental continuar coas investigacións, para comprender mellor os mecanismos de acción destes compostos e coñecer tanto os aspectos positivos como negativos destas algas, que poderían mudar o paradigma ambiental do sector lácteo en Galicia para mellor.
Proxectos como Lazteo demostran que o mar e o monte poden unir forzas para ofrecer solución sostibles e eficientes. Co apoio da ciencia e a tecnoloxía, as algas poderían convertirse nun aliado inesperado na loita contra o cambio climático e a mellora da produción agrogandeira de Galicia.
